Descrición

A casa está totalmente equipada: cociña con vitrocerámica, forno e toda clase de pequenos electrodomésticos. Menaxe, sábanas, toallas. Está rodeada dunha bonita finca de máis de 3000 m2, con xardín, frutais (kivis, ameixeiras, perais, maceiras) e árbores autóctonas (carballos, bidueiros e acivros).

Por tanto, podedes, ademáis de disfrutar dun aperitivo ó aire libre, descansar nunha hamaca acompañados do ruido dos paxaros cunha amplia vista das carballeiras do entorno.

A casa dispón de calefacción a gasoil, lavadora e secadora.

INTERIOR

Na pranta baixa, libre de barreiras arquitectónicas, atópase un amplio salón con chimenea de leña, zoa de bar, televisión, 2 habitacións con cuarto de baño propio (con TV e unha delas con bañeira hidro-masaxe), cociña totalmente equipada e un aseo.

Na primeira pranta atópanse 2 habitacións dobres, as dúas exteriores, unha delas con TV, ademáis dun cuarto de baño completo a compartir.

No baixo-cuberta atópase unha zoa de lectura, cunha pequena biblioteca, televisión, 2 cómodos sofás cama e un aseo.

EXTERIOR

A piscina, cuberta, climatizada e acristalada, con tumbonas, TV e cuarto de baño, pode ser utilizada TODO O ANO. Así que, en pleno inverno, podedes disfrutar dunha posible estampa nevada exterior ou contemplar as bonitas postas de sol.

Dispoñemos tamén de pista de tenis, canastas de baloncesto e de 2 porterías para fútbol situadas na zoa verde. Tamén, cama elástica con rede protectora para nenos e mesa de ping-pong.

Se deciden facer unha barbacoa, dispoñen dunha cómoda parrilla no patio e dunha bonita mesa de pedra se prefiren comer no exterior.

A praza de garaxe privada ten acceso directo ó salón da casa. Ademáis, disponse dun amplo aparcamento.

OUTROS SERVIZOS

Verce, leña para chimenea, Información e descripción ilustrativa turística; WiFi.

En temporada, organízanse saídas ó monte para recolección de cogumelos e castañas.

Outras actividades que se poden practicar na zoa (fóra da casa), suxeitas a reserva previa e disponibilidade: rutas a cabalo, rafting, puenting e, en tempada, pesca nos ríos Ulla, Umia, Liñares, Deza e Toxa.

Admítense animáis de compañía.