Vigo e Baiona

VIGO

Conocida como a cidade olívica, é a cidade máis poboada de Galicia.

Goza dun microclima especial: invernos temperados e veráns cálidos. Por iso é a cidade con máis sol de Galicia e con menos choiva.

Destaca, entre as súas numerosas praias, a Praia de Samil, de fina area branca, con vista ás illas Cíes e á illa de Toralla.

Outro gran reclamo, é a degustación das súas famosas ostras polas rúas do centro, que, como invita a tradición, acostúmase facer na rúa acompañadas dunha copa do famoso e excelente viño albariño.

BAIONA

Baiona é unha pequeña vila situada ó sur de Vigo.

Coñécese, entre outras cousas, polo seu clima, as súas fermosas praias (máis de 4 km), o seu porto náutico e a presencia do Parador Nacional de Turismo.

O casco antigo, coas suas casas baixas de estilo mariñeiro, pequenos soportáis e pilares de pedra, esixe unha visita. No ano 1993 foi declarada de interés histórico-artístico. Merece a pena visitala.

Islas Cíes

As illas Cíes é un arquipélago de tres illas, nas que dúas delas están unidas por un areal (a praia de Rodas).

A elas pódese chegar en barco con saída dende Cangas do Morrazo ou dende Vigo.

Foron declaradas parque natural, ademais de zoa de protección especial para as aves. Non é difícil poder divisar golfiños, tartarugas mariñas ou observar preto da beira numerosas anémonas ou ourizos de mar.

Un auténtico paraíso. De feito, o xornal británico “Guardian” considerou, no ano 2007, a praia de RODAS como a mellor praia do mundo.

A fervenza do Ézaro (Dumbría)

A fervenza do Ézaro (Dumbría) fórmase na desembocadura do río Xallas ó mar.

É o único río en Europa que desemboca no mar en forma de fervenza. O desnivel é espectacular (150 metros) e o salto é de 40 metros. A apertura das comportas en días puntuais aumenta o caudal do río ofrecendo un espectáculo único.

Ó lado do Ézaro, atópase o monte Pindo, lugar de lendas, maxias e de contos pre-históricos. Excursión moi recomendada.

A Costa da Morte e Cabo Fisterra

A costa da Morte está situada no extremo noroeste de Galicia.

Chámaselle así polos numerosos naufraxios que se produciron nela, sendo o máis famoso o do navío Serpent, no que perderon a vida 172 persoas que foron sepultadas no coñecido “Cementerio dos ingleses”. A partir deste naufraxio, no lugar construiuse un faro (cabo Vilan, Camariñas), o primeiro faro eléctrico de España.

A costa da Morte termina en Fisterra, declarado patrimonio Europeo, lugar que constitúe a meta final de moitos peregríns que deciden, despois de chegar a Santiago, proseguir o camiño ata esta localidade, pasando por Muxía, onde se atopa o coñecido santuario VIRXEN DA BARCA.

A Coruña

A Coruña é una bela e elegante cidade ó norte de Santiago, coñecida como o balcón do Atlántico. A torre de Hércules, faro romano actualmente en funcionamento, é patrimonio da Humanidade. É o símbolo da cidade.

 

 

 

Lugares para visitar:

  • A praza de María Pita, en pleno casco antigo, a súas fermosas galerías.
  • O Castelo de San Antón.
  • A Praia de Riazor, en pleno centro.